Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria |
Asignaturas |
Metodoloxía de Investigación Educativa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía de Investigación Educativa | Código | 652534002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade que se desenvolve antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe coa fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos de aprendizaxe que se queren acadar, vinculados á investigación educativa. Con isto, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais | A partir da busca en diferentes bases de datos e fontes bibliográficas, seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estrutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilidada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas. |
Obradoiro | Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios. |
Sesión maxistral | Exposicións oral nas que se explicarán os contidos dos temas da materia, puidendo complementarse co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, dun modo que permitan a participación activa do alumnado. Aclararanse as dúbidas que xurdan e comentarase a bibliografía que lles permitirá ampliar os coñecementos vistos en clase. |
Solución de problemas | Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia. |
|