Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Socioloxía da educación |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G02004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A9 A23 B15 B21 B22 B25 C7 | Ao longo do curso, semana a semana, haberá que elaborar un traballo sobre o tema ou contido correspondente, o cal deberá ser entregago a través da plataforma indicada (Teams ou Moodle). As entregas periódicas terán carácter obrigatorio e, tanto os seus contidos como entregas serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento da materia. |
30 |
Sesión maxistral | A10 A24 B16 B19 | Ademáis da asistencia activa (atenta, interesada) ás clases maxistrais, os contidos explicitados na exposición dos temas nas clases durante estas sesións serán avaliados e tidos en conta nos traballos tutelados cos que se planifica e avalía a materia. Tamén contémplase a posibilidade de facer probas, por exemplo tipo examen, para ter constancia máis explícita da asimilación destes contidos. |
30 |
Lecturas | A9 A10 A14 A15 A24 B23 B24 C6 C7 C8 | As lecturas deberán reflexarse nos traballos tutelados, tanto no que respecta á conformación de contidos como de referencias. Asemesmo, tamén poderán ter reflexo nas discusión ou debates. Ademáis, ao longo do curso aconsellaranse varias lecturas, dependendo a súa obrigatoriedade da disponibilidade de tempo que permita a planificación das demáis metodoloxías. |
10 |
Análise de fontes documentais | A13 B22 B25 C6 C7 C8 | Esta é a parte ou compoñente principal para conformar axeitadamente os contidos dos traballos tutelados, polo que avalíase a procura, interese, intensidade e profundidade no análise das fontes de información e documentais. Polo que a súa avaliación é a fundamental dos traballos tutelados. Tamén contémplase a posibilidade de facer probas, por exemplo tipo examen, para ter constancia máis explícita da asimilación destes contidos. |
25 |
Portafolios do alumno | A11 B24 C4 | Terase en conta a puntualidade e cumprimento de prazos para os diferentes traballos, así como o seguimento das recomendacións, tanto para os contidos como das lecturas, etc. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Esta materia está plantexada para ser cursada mediante o traballo por parte do alumnado na investigación e elaboración de contidos, análises, etc. Asemesmo, trátase dunha avaliación continua. Polo tanto, a súa planificación e desenvolvemento céntrase no segumento a través dos traballos que deben desenvolverse semana a semana, en base aos contidos da materia, e que deben entregarse seguindo as instruccións do profesor. Sendo por tanto o seguimiento, participación, realización e entrega dos traballos os pilares do curso. Entenderase por avaliación suficiente para superar a materia na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura. Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba ou examen (oral ou escrita), no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores. Avaliación continua. A parte práctica que se realizará durante o cuadrimestre terá un contido variado e suporá o 70% da cualificación, correspondente ao conxunto de actividades nas clases, os traballos, as intervencións, o interese, a asistencia e a participación. Ademais, a aplicación dos contidos das clases maxistrais, das lecturas e das consultas de fontes documentais, reflicten ou non nos debates, probas e traballos, repercutirá na nota final de ata un 30%. Deste xeito, valórase todo o feito polo alumno ao longo do curso. Para superar a materia deberá realizarse e entregarse un mínimo do 75% das asistencias e dos traballos prácticos, probas ou deberes, así como a comprobación das lecturas. Avaliación discontinua. O alumnado que teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención académica (aqueles que non teñan avaliación presencial continua xustificada), salvo no que se refire á asistencia e participación, terá un criterio de avaliación similar ao continuo, fundamentalmente a través dos traballos, tarefas e lecturas tuteladas, para as que deberán manter un contacto informativo suficiente e necesario, directo ou virtual, co profesor. Segunda oportunidade. Os que suspensen a primeira convocatoria, tanto na modalidade de avaliación continua como descontinua, terán que presentarse ao exame nas datas oficiais fixadas para a segunda oportunidade. Plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. |
|