- Non se
admitirán traballos dos que o/a profesora non teña constancia da súa
realización.
- As datas de
entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente, polo que,
logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais
coa debida xustificación, estas son inamovibles.
- Seguiranse
en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos
e actividades de avaliación.
- Os
traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente
identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da
docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta
a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- En consonancia
coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase
na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que
calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.
- O
calendario de titorías está exposto na web da Facultade e no taboleiro da
porta do despacho.
Recoméndase a mellor das implicacións entre compañeiros/as de clase e docente. As dinámicas, as actividades dentro e fóra da aula, as conversas e debates serán mellores, de maior valor pedagoxico. Sen dúbida. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |