Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral do profesor na que se traballarán os contidos que compoñen o marco teórico, complementada co uso de presentacións e soportes audiovisuais, así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, a fin de que a aprendizaxe ten un carácter máis dinámico e permite a participación dos alumnos.
A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, teoricamente introducindo cada un dos temas e subtópicos; ofreceranse bibliografía e documentación adicional aos estudantes para afondar na materia; e o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades prácticas. |
Document analysis |
Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes. |
Oral presentation |
Exposición verbal de todas as actividades realizadas na materia, a través das cales o alumnado e a docente interactúan plantexando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Objective test |
Proba escrita utilizada para a avaliación de coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou asociación. Tamén se pode construir cun só tipo de algunha destas preguntas. |