CUALIFICACIÓN DA MATERIA REHABILITACIÓN DO ADULTO CON DISCAPACIDADE FÍSICA DO GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL: Un só e único exame escrito integrado por oportunidade, coa seguinte distribución de puntuacións:
A. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 4 puntos (40%).
B. O Prof. Antonio Rodríguez Sotillo avaliará sobre 3 puntos (30%).
C. O Prof. Antonio Montoto Marqués avaliará sobre 3 puntos (30%).
A cualificación final do exame teórico (sesións maxistrais e estudo de casos), e por tanto da asignatura, será o sumatorio de A+B+C. Só se revisará unha cualificación: a cualificación final, coa presenza conxunta -de ser factible- do profesorado da asignatura. Necesitarase unha cualificación igual ou maior a 5 puntos para aprobar a asignatura. Si a suma total fose inferior a 5 puntos, a cualificación final da materia será de suspenso/a.
INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL:
En relación coa convocatoria/curso, realizarase so un exame escrito final/oportunidade: un na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (xuño-xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes. As datas dos exames estarán establecidas segundo o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade.
A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, non se gardan cualificacións parciais de "partes do exame".
O profesor responsable, co consenso do profesorado da materia, se reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación, revisión ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.
Sobre Plagios (Artigo 11, apartado 4 b do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC).
- "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".