Para poder obtar a unha avaliación positiva na materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións maxistrais, talleres, seminarios, ...).
Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.
Os alumnos que non entreguen o traballo final da materia na data sinalada serán cualificados como NON PRESENTADOS na avaliación final da Primeira Oportunidade. En ningún caso estableceranse ampliacións de prazo. Para poder ser avaliado é obrigatorio realizar a entrega da proposta
previa de traballo en tempo e forma e esta deberá ser aceptada polo profesor da materia.
A entrega do traballo para a avaliación final na Segunda Oportunidade realizarase na aplicación Moodle da materia coas mesmas condicións fixadas para a entrega da Primeira Oportunidade (copia dixital do traballo final en formatos doc/ odt e pdf). A data desta entrega comunicarase con antelación por medio da plataforma Moodle e este último prazo será improrrogable.
Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesor responsable da materia.
Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.
Implicacións da fraude académica: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.