Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Información e Documentación |
Asignaturas |
Xestión de Documentos Administrativos |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Documentos Administrativos | Código | 710G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Proba mixta | Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. |
Portafolios do alumno | Portafolios do alumno cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, tales coma resumos, comentarios, análises ou respostas a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. |
Presentación oral | Ao longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios. |
Traballos tutelados | Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica/práctica dos contidos da materia, baixo a supervision e seguemento dos docentes. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo cos docentes dentro do plazo que se estableza a tal fin. Os alumnos exporán o seu traballo na aula. |
|