Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. Os traballos da materia entregaranse a través do campus virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. IMPORTANTE: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas, fomentaranse os valores de respecto
e igualdade sen prexuízos, etc.). No caso de que se identifiquen situacións de discriminación por razón de xénero ou otras
razóns, o profesorado desta materia adoptará
as accións e medidas oportunas para corrixilas. |