A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Da cordo con o Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC, no caso de
que o alumno/a cometa unha falta disciplinaria na materia o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
As situacións
especiais do alumnado que, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
exención académica de asistencia ou por outras causas debidamente xustificadas,
non poidan cursar a materia presencialmente, deberán ser comunicadas ao inicio
do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas
para que o alumno siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías
presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación.
Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.