Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1. A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato
virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de
Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán
plásticos. - Realizaranse impresións a
dobre cara. - Empregarase papel
reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2. Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos comportamentos persoais e profesionais |