Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Espazo de confluencia coas materias Proxectos 3 e Urbanística 1.
Traballos tutelados O alumnado aplicará os conceptos e metodoloxías aos casos de estudo propostos, tutelado polo profesorado. Isto inclúe a presentación oral do traballo desenvolvido, a resposta ante probas de control do proceso de capacitación e a produción dun documento cos materiais resultantes.
Sesión maxistral Introdución de conceptos teóricos fundamentais, metodoloxías gráficas e presentación de casos prácticos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo estudantado que impliquen asistencia e/ou participación en actos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, congresos, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar nos coñecementos sobre temas de estudo relacionados coa tema.

Elaboración de material resumo dos traballos realizados sobre o tema para a súa publicación ou exposición pública.
Proba obxectiva O alumnado deberá superar, cunha nota mínima de 5, a proba ou probas específicas que se propoñan para xustificar o coñecemento da materia. Sen a superación das mesmas non se poderá aprobar o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes