Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación e medios de comunicación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A9 A13 A15 B1 B4 B6 C1 C3 C4 C6 C8 O proxecto de Aps consistirá na creación dunha situacíón de aprendizaxe na que se traballará algún aspecto relacionado coa protección da infancia e a educación mediática tendo en conta o enfoque da Educación para a Cidadanía Global. Unha das dinámicas propostas poderán ser levada a cabo nun centro educativo. 70
Proba de resposta múltiple B1 C6 De forma voluntaria se poderá realizar unha proba de resposta múltiple baseada nunha batería de preguntas traballadas na aula. 30
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden obter un máximo de 7 no proxecto de Aps. A materia poderá superarse obtendo un 4 no proxecto Aps. Voluntariamente poderá realizarse una proba de resposta múltiple baseada nun batería de preguntas traballadas na aula. Con esta proba poderá obterse un máximo de 3 puntos. O alumnado asistente de non superar a materia na 1º oportunidade poderá repetir o proxecto Aps e voluntarimente a proba de resposta múltiple na 2º oportunidade.

Os estudantes que teñan recoñecida a dispensa académica ou aquel alumnado que perde a condición de asistente ao longo do cuadrimestre terán que facer o proxecto Aps de forma individual e a proba de resposta múltiple. As porcentaxes que aplicarán neste caso serán 60% proxecto Aps e 40% proba de resposta múltiple tanto na 1º como na 2º oportunidade.

Os estudantes que teñan a matrícula a tempo parcial se rexirán polo criterios descritos.

AVISO

Tal e como se recolle na normativa a realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación serán obxecto de sanción.

Tendo en conta a optatividade da materia e os cambios no número de persoas matriculadas, o traballo e criterios de avaliación poderían estar suxeitos a adaptacións negociadas co alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes