Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 Para a avaliación do Portafolios terase en conta a súa presentación en tempo e forma, así como:
Cumplimentación correcta de todolos apartados que o compoñen: ata 3 puntos
Claridade e corrección na redacción, a capacidade de síntese e a cumplimentación de todolos items de autoavaliación: ata 3 puntos
Capacidade crítica e a corrección narrativa no desenvolvemento do diario reflexivo: ata 4 puntos
15
Estudo de casos A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 O estudantado presentará o caso clínico en grupos de estudantes (ou individualmente segundo determine o docente) e responderán ás preguntas realizadas pola/o docente e o alumnado presente. Á presentación oral do Estudo de Caso asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado.
Para a avaliación da presentación oral terase en conta o tempo de exposición, o uso de recursos audiovisuais, a capacidade de síntese, o dominio dos contidos e da exposición, así como a claridade da mesma.

Ao Estudo de Caso asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Presentación (léxico, redacción, orde dos apartados, estrutura): ata 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas de V. Henderson ou Patróns funcionais de M. Gordon: ata 2 puntos
3. Diagnósticos: ata 2 puntos
4. Planificación (priorización, NIC, NOC): ata 3 puntos
5. Avaliación: ata 1 punto
6. Referencias bibliográficas: ata 1 punto
35
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes  é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II, III, IV, V, VI e VII; tal e como consta na memoria do Título de grao en Enfermaría.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudantado segundo os criterios establecidos.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas e obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos e dentro do período de avaliación. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas o estudantado deberá presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas. 

Avaliación 2º oportunidade:

Dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, na que a maioría das actividades son presenciais (práctica clínica), e polo tanto non recuperables, o estudantado só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar o estudo de casos e o portafolios. 

Adianto de oportunidade e estudantado con matricula parcial:

Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.


A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obteña máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obteña máis nota na metodoloxía de práctica clínica, se esta fose a mesma terase en conta a nota obtida no Estudo de casos e por último a do Portafolios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: a/o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes