Teaching GuideTerm
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Subjects
  Fluid and Thermal Machines
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects B2 B7 C4 Realizaranse dous traballos tutelados durante o cuadrimestre, cuxo contido se fará coincidir con cada unha das partes da materia. A cualificación obtida conservarase para a segunda oportunidade. Aqueles alumnos e alumnas que non realicen os traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 e non poderán facer entregas posteriores. 15
Laboratory practice A22 B2 B7 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado da memoria de prácticas correspondente á parte de máquinas hidráulicas. Os alumnos e alumnas que non acudan ás prácticas nas datas previstas non poderán superar a materia no presente curso académico e non haberá posibilidade de realizar as prácticas de novo ata o seguinte curso. Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a memoria de prácticas que se entregará na parte de máquinas hidráulicas (5 sobre 10) non poderán aprobar a materia na primeira oportunidade. Estes alumnos poderán realizar un exame de prácticas na convocatoria de segunda oportunidade que, en caso de aprobala, permitiralles aprobar a materia na devandita convocatoria.
Os alumnos e alumnas que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso avaliaranse memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
Mixed objective/subjective test B2 Na convocatoria de primeira oportunidade a avaliación da materia farase de forma continua con dúas probas mixta: A primeira proba realizarase ao longo do primeiro cuadrimestre e avaliará aos alumnos e alumnas do contido da parte de Máquinas Térmicas e terá un peso de 60%. A segunda proba realizarase na data prevista no calendario de examenes da EPEF onde se avaliará do contido de Máquinas Hidráulicas e terá un peso de 40%. Na primeira oportunidade non será posible avaliarse de todo o contido da materia nun único exame.
Para poder aprobar a materia en primeira oportunidade é necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada proba mixta e a nota final obterase coa media ponderada co peso de cada parte. Os alumnos que só aproben unha das probas liberarana e conservarán dita nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Por tanto, estes alumnos e alumnas só terán que avaliarse en segunda oportunidade da parte que non aprobasen en primeira oportunidade.
Os alumnos e alumnas que se presentaron en primeira oportunidade aos dous exames e que non superasen os dous ou un deles obterán a cualificación de “suspenso”. Os alumnos e alumnas que non se presentaron aos dous exames ou a un deles recibirán a cualificación de “non presentado”.
70
 
Assessment comments

A proba mixta da parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes.

A realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. 

Aqueles alumnos e alumnas que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: Realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores e nota final na proba mixta igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 85% e as prácticas de laboratorio do 15%. 

Aqueles alumnos e alumnas con dispensa académica deberán realizar: As prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas mixtas. Con todo, os alumnos e as alumnas con dispensa académica poderán acordar cos e as docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados. 

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes