Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  Industria Intelixente. IIoT
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B7 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos / proyectos tutelados.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PM: nota obtida nesta proba.
30
Traballos tutelados B5 B7 B9 C4 C6 Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado.
70
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):
  1. Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
  2. Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:
  • NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT
Notas sobre as actividades:
  • Aos alumnos que se presenten na convocatoria extraordinaria ofreceráselles a posibilidade de desprazar a nota dos traballos tutelados á proba mixta. Para isto, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
  • Os traballos tutelados terán unha única data para a súa realización durante o curso académico (que lle será notificada en tempo e forma). O alumnado que non aprobe a materia na 1ª oportunidade terá 2 opcións na 2ª oportunidade:
    • Conservar a nota dos traballos tutelados e / ou proba mixta aprobados e repetir soamente os suspensos.
    • Descartar ditas notas e facer únicamente unha proba mixta de maior extensión, debendo de notificar a sua preferencia ANTES da data da proba mixta.
  • Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes