Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A5 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B9 B11 Exame. Fundamentalmente en forma de exercicios prácticos, que necesitan do coñecemento do total da materia impartida para a súa correcta resolución. 75
Prácticas a través de TIC A1 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B11 Problemas abordados e solucionados utilizando ferramentas das TIC axeitadas a este tipo de problemas. 25
 
Observacións avaliación

A cualificación faráse a partir dos resultados de distintas probas o longo do curso, incluidas as convocatorias oficiais en períodos de avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia será evaluado do mesmo xeito que o resto do alumnado. En todo caso, se alguna das prácticas plantexase problemas de compatibilidade de horarios poderase acordar co/a alumno/a un horario compatible.

As prácticas a través de TIC evaluaranse únicamente antes do inicio de período de avaliación das materias do primeiro cuadrimestre en primeira oportunidade, manténdose esa cualificación para a segunda oportunidade, no caso de ter que concurrir a ésta.

O cálculo da cualificación na avaliación da primeira oportunidade, farase segundo a seguinte fórmula:

Cualificación primeira oportunidade = nota prácticas (ata 2,5 sobre 10) + nota evaluación continua (ata 2,5 sobre 10) + nota proba primeira oportunidade (ata 5 sobre 10).

É necesario obter polo menos un 30% da calificación asignada en cada proba de avaliación continua para poder superar a materia en primeira oportunidade.

A proba da segunda oportunidade inclúe a parte de materia evaluada nas actividades realizadas ao longo do período lectivo, agás as prácticas a través de TIC.

O cálculo da cualificación na avaliación da segunda oportunidade, faráse segundo a seguinte fórmula:

Cualificación segunda oportunidade = nota prácticas (ata 2,5 sobre 10) + nota proba segunda oportunidade (ata 7,5 sobre 10)

Ao alumnado que se presente á convocatoria adiantada contaráselle a cualificación ponderada das prácticas de convocatoria anterior e poderá optar ao resto da nota mediante a realización dunha proba mixta ou obxetiva.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes