A materia tenta proporcionar unha comprensión global do fenómeno xurídico mediante a revisión crítica das bases históricas, políticas e científicas da paradigma dominante no Dereito contemporáneo. Así mesmo, preténdese poñer ao alcance dos estudantes unha comprensión máis profunda dalgunhas nocións, institucións, procesos e estruturas centrais estudados ao longo da carreira, unificando e sintetizando eses coñecementos. Por tanto, aspírase a levar a cabo un traballo de síntese e de afondamento, tanto histórico como conceptual. Ademais, preténdese introducir aos estudantes no coñecemento e a comprensión das transformacións que afectan ao dereito actual e que obrigan a revisar o paradigma dominante (o positivismo xurídico) e, finalmente, suxerir as liñas básicas dunha filosofía xurídica que permita unha comprensión máis axustada do Dereito do momento presente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías