Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992. A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente en: Campus da Coruña e Campus de Ferrol. A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento de investigación e de docencia. A Universidade da Coruña concibe a súa finalidade esencial como un servizo público de calidade orientado á procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade por medio da busca de avances sociais, científicos e tecnolóxicos nun marco de valores éticos xeralmente aceptados. Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A Universidade da Coruña manifesta explicitamente o seu compromiso co estudo e desenvolvemento integral de Galicia, singularmente da súa identidade social, cultural e ling¨ística, e asemade promoverá a súa plena integración no espazo europeo de ensino superior e a proxección en América Latina. Por tanto, consonte o artigo 1 dos Estatutos da UDC, son funcións da universidade ao servizo da sociedade:
Para proporcionar á Universidade un permanente apoio social creouse a Fundación Universidade da Coruña, fundación privada de carácter benéfico docente. |
|