Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
  AM2 Deseño de novas especies químicas e materiais con propiedades determinadas.
  AM3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
  AM4 Coñecer en profundidade as características e fundamentos de diversos modelos químicos para o estudo de sistemas orgánicos, inorgánicos e biolóxicos, incluídos os materiais con proxección tecnológica.
  AM5 Capacitación para o deseño de vías de síntese e retrosíntese de novos compostos.
  AM6 Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais.
  AM7 Coñecer o marco teórico e as aplicacións da electroquímica e da fotocatálise nos campos da enerxía e o medio ambiente.
  AM8 Coñecer os fundamentos das interaccións intermoleculares e as súas aplicacións no campo da catálise supramolecular,recoñecemento molecular e biocatálise.
  AM9 Coñecer algunhas aplicacións básicas da química computacional e dos programas de cálculo máis utilizados nos ámbitos da química e o medio ambiente.
  AM10 Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade.
  AM11 Coñecer as distintas técnicas experimentais e computacionales orientadas á caracterización de mecanismos de reacción.
  AM12 Coñecer as distintas estratexias para o tratamento estatístico de series de datos relacionadas con datos ambientais.
  AM13 Comprender os procesos de bioacumulación e as técnicas de biomonitorización e biomarcaxe.
  AM14 Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais.
  AM15 Coñecer os indicadores de calidade do chan e do aire, os procesos de distribución de contaminantes e as tecnoloxías de recuperación e aplicación en cada caso.
  AM16 Comprender a problemática asociada aos resíduos, os modos de xestionalos e as principais tecnoloxías de tratamento de resíduos.
  AM17 Coñecer a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, as tecnoloxías máis empregadas actualmente e as de futuro.
  AM18 Coñecer as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientais.
  AM19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
  AM20 Coñecemento dos principais tipos de produtos naturais: enzimas, receptores moleculares, etc. Entender a súa participación en procesos de catálise e autoensamblaxe.
  AM21 Comprender os fundamentos dos procesos de calidade e o modo de xestionalos.
  AM22 Dominar as técnicas instrumentais de análises máis típicas no ámbito químico profesional.
  AM23 COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias
  AM24 COM 2 - Planexar a realización dun traballo profesional ou de investigación no ámbito do medio ambiente, considerando: o estudo e caracterización de materiais e/ou substancias, a súas propiedades fisicoquímicas, biolóxicas e toxicolóxicas, os procesos de distribución- transformación e os seus posibles efectos, propoñendo tecnoloxías para a súa monitorización e/ou tratamento, tomando en consideración a lexislación aplicable e elaborando informes profesionais que faciliten a comprensión aos destinatarios. TIPO: Competencias
  AM25 CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM26 CON 2 - Describir o comportamento de diferentes espécies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as interaccións entre distintos compartimentos medioambientais. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM27 CON 3 - Definir indicadores de calidade do ár, auga e solo, identificando as súas propiedades e os procesos de distribución en cada medio, a súa avaliación e métodos de análise. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM28 CON 4 - Relacionar a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, distinguindo as tecnoloxías empregadas actualmente e as máis innovadoras na xeración, transporte, distribución e almacenamento. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM29 CON 5 - Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social TIPO: Coñecementos e contidos
  AM30 CON 6 - Interpretar a lexislación, normativa e os procedementos administrativos básicos sobre atmosfera, medio acuático e solo, revisando a avaliación de impacto ambiental e a lexislación sectorial no marco da economía circular. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM31 HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM32 HAB 2 - Aplicar os principios básicos da xestión ambiental e a avaliación de impacto ambiental, tendo en conta os requerimentos lexislativos pertinentes e a implementación de tecnoloxías para a remediación e/ou a protección ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM33 HAB 3 - Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade, biodispoñibilidade e bioacumulación. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM34 HAB 4 - Empregar metodoloxías eficientes de análise, incluíndo o tratamento e caracterización da mostra (química e biolóxica), para a determinación de contaminantes ambientais considerando os avances e tendencias actuais a nivel de macro/ micro/nano escala. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM35 HAB 5 - Aplicar conceptos ecolóxicos a nivel de individuo, poboación e comunidade, asemade técnicas de biomonitorización e ecotoxicoloxía para contaminantes de interese ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM36 HAB 6 - Relacionar a problemática ambiental das emisións á atmosfera cos principais contaminantes, fontes emisoras, emisións industriais, control da calidade do ár e tecnoloxías de tratamento. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM37 HAB 7 - Establecer a calidade das augas naturais en función do seu uso, impactos recibidos sobre o medio, incluíndo o establecemento de indicadores químicos e biolóxicos e plantexar posibles tratamentos de depuración. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM38 HAB 8 - Avaliar o comportamento do solo fronte a accións antropoxénicas, planificación do seu uso en función dos resultados obtidos mediante as técnicas de estudo, identificando solos degradados e contaminados e os procesos de recuperación. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM39 HAB 9 - Aplicar distintas estratexias para o tratamento estatístico de datos relacionados con estudos medioambientais, empregando ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). TIPO: Habilidades e destrezas
  AM40 HAB 10 - Empregar los conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM41 RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM42 RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias
  AM43 RAC 3.1 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades e destrezas
  AM44 RAC 4.2 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias
  AM45 RAC 5.1 - Expresar as ideas e argumentos de forma clara e con corrección, tanto de xeito oral como escrito, nas línguas oficiais da comunidade autónoma. TIPO: Coñecementos e contidos
  AM46 RAC 6.1 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. TIPO: Competencias
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BM2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BM3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
  BM4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
  BM5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BM6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
  BM7 Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado.
  BM8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
  CM2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
  CM3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
  CM4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM10 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes