Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Calidade do Solo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Calidade do Solo Código 610500009
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Taboada Castro, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.taboada@udc.es
Profesorado
Lado Liñares, Marcos
Paz Gonzalez, Antonio
Taboada Castro, Maria Teresa
Correo electrónico
marcos.lado@udc.es
antonio.paz.gonzalez@udc.es
teresa.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os indicadores de calidade do solo co fin de identificar solos contaminados e degradados e os procesos de recuperación
Plan de continxencia 1. Modificacións dos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *• Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. A docencia expositiva realizarase a través da plataforma Moodle e / ou Teams. - Casos de estudo (computa na avaliación). Utilizarase a plataforma Moodle e / ou Teams. - Proba obxectiva. Utilizarase Moodle e / ou Teams. - Atención personalizada * Metodoloxías docentes que se modifican - As prácticas de laboratorio e as prácticas de campo substituiranse por "traballos tutelados". Levaranse a cabo mediante as plataformas Moodle e / ou Teams. - Exposición oral. Esta actividade queda cancelada e, polo tanto, modifícase o peso das outras actividades, tal como se especifica na sección de avaliación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Moodle, Teams A atención personalizada levarse a cabo de acordo coas necesidades do alumnado, si ben, se programará unha sesión en gran grupo para o avance de contidos teóricos, estudo de casos e traballos tutelados. Esta sesión dlevarase a cabo na franxa horaria que tema designada a materia no calendario de aulas da Facultade. As titorías individuais ou en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización do "traballo tutelado" e outras consultas que podan xurdir, deben ser solicitadas polos estudantes por correo electrónico. Isto é válido tanto para estudantes a tempo completo como para estudantes a tempo parcial con recoñecemento académico e exención de asistencia. 4. Modificacións na avaliación - Entrega do traballo tutelado (50%). Entregarase un traballo escrito. Valorarase a profundidade dos contidos, a orde na presentación de contidos, o uso de terminoloxía específica do tema e as fontes documentais empregadas. Co traballo escrito entregarase unha presentación audiovisual (vídeo, powerpoint con audio) na que se avaliará a calidade do contido seleccionado, a claridade da presentación e a adecuación da duración da presentación ata o tempo indicado. - Casos de estudo (10%). Valorarase a participación, discusión e resolución de casos prácticos e exercicios propostos polo profesor. - Proba obxectiva (40%). Consistirá en un exame escrito (test e preguntas cortas de toda a materia) empregando ferramentas Moodle e / ou Teams na data e hora establecidas oficialmente. *Observacións de evaluación: Para superar a materia e necesario obter un 5 sobre 10 como cualificación global. Situacións: 1) Alumnado con dedicación completa Primeira oportunidade: a nota final será a suma de puntuacións alcanzadas en cada unha das actividades (traballo tutelado, casos de estudo, proba de obxectiva). Se considerará non presentados a aqueles estudantes que realicen todas as actividades excepto a proba obxectiva. Segunda oportunidade: a nota final será obtida a partir de unha proba objetiva que englobará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima desta proba será de 10. 2) Alumnado con reconocemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Se avaliará, tanto na primeira como na segunda oportunidade, mediante as seguintes actividades: entrega dun resumen de cada tema da docencia expositiva acompañado dun cuestionario (resolto) proposto polo profesor (50%) e entrega de un traballo tutelado acompañado de unha presentación audiovisual (50%). A concesión de matrícula de honra outorgarase aos alumnos que alcancen tal cualificación na primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacions.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes