Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 Valorarase a participación dos alumnos na aula. Tamén realizaranse periodicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. 5
Prácticas de laboratorio A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C3 C1 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc.
20
Seminario A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 Valorarase a participación do alumno, a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión. Tamén realizaranse periódicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. 10
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 Valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia así como a resolución de problemas ou exercicios numéricos. Tamén se valorarán cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio.
65
 
Observacións avaliación

-Para superar a materia será necesario obter unha calificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades. Non poderán superar a materia aqueles alumnos que obtivesen unha calificación inferior a 4 na proba mixta e nas prácticas de laboratorio.

-A realización das prácticas é condición necesaria para superar a materia.


-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e obtivesen menos de un 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A calificación desta proba específica sustituirá á calificación obtida nas prácticas para calcular a calificación global.


-Os alumnos que no participen nos traballos tutelados obterán unha calificación de 0 neste apartado (20% da calificación global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a calificación obtida durante o curso para calcular a calificación global.

-O alumno obterá a cualificación de non presentado cando realice menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente á proba mixta. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación continua, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar un novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.

-Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes