Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Química Inorgánica 4 Código 610G01024
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, Aurora
Correo electrónico
aurora.rodriguez@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Esteban Gomez, David
Platas Iglesias, Carlos
Rodríguez Rodríguez, Aurora
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
david.esteban@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
aurora.rodriguez@udc.es
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral DESCRICIÓN: Preparación e caracterización de compostos inorgánicos: compostos de coordinación e sólidos non moleculares. CONTEXTUALIZACIÓN: A materia encádrase no sexto semestre do Grao en Química (3º curso), e está intimamente relacionada coa materia do quinto semestre "Química Inorgánica 3". O conxunto das dúas materias constitúen o módulo "Química Inorgánica Avanzada", que pretende proporcionar unha axeitada formación ao alumnado nos ámbitos da Química de Coordinación e a Química do Estado Sólido.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos mantéñense na súa totalidade. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen a) Mantéñense as sesións maxistrais. b) Mantéñense os seminarios, coa participación activa dos alumnos. c) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo). d) Mantense a proba mixta, so no caso de que se poida realizar nas dependencias da UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican a) No caso de que non se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC, a proba mixta eliminarase na primeira oportunidade. En calquera caso, esta proba mantense na segunda oportunidade (proba oral). b) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Titorías e consultas por Teams e polo correo electrónico corporativo. Moodle da materia. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a proba mixta se suprimise na primeira oportunidade (por non poderse facer presencialmente nas dependencias da UDC), a cualificación quedaría como segue: Participación en clase (15%) + Prácticas de Laboratorio (en avaliación continua) (85%). Na segunda oportunidade mantense a proba mixta que pasa a ser unha proba oral. A cualificación obterase como: proba mixta (25%) + Exame de Prácticas de laboratorio (75%) *Observacións de avaliación: O exame de prácticas de laboratorio da segunda oportunidade so o poderá realizar aquel alumnado que cursara como mínimo o 75% das horas de prácticas de laboratorio durante a avaliación continua e as suspendera. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía Nas sesións presenciais, no caso de producirse unha limitación de aforo atendendo ás posibles actualizacións da normativa, a adaptación consistirá na atribución de dúas aulas á materia e á impartición das sesións a través de TEAMS para aquel alumnado que non estea na aula co profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes