Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A22 B4 B5 B6 B7 B8 B10 Avaliación continua da capacidade para obter, seleccionar e comprender a información. Procesado e síntese da mesma. Avaliación do traballo en equipo. 10
Saídas de campo A6 A22 A32 B8 B9 Valoraranse as observacións e atención, así como a aplicación dos coñecementos á hora de interpretar as observacións, mediante unha memoria de campo. 10
Prácticas de laboratorio A22 A30 A31 A avaliación virá da asistencia e realización das prácticas, así como de probas prácticas durante as mesmas. 10
Sesión maxistral A22 B8 B9 Expoñeranse os temas nos 40-45 minutos iniciais, e finalizaranse as sesións con actividades interactivas para facer reflexionar aos alumnos sobre os contidos presentados. 70
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ao 80% de todas as actividades programadas.
Para superar a materia é necesario obter en cada unha das actividades como mínimo un 4,5 sobre 10 e ter unha cualificacion global de 5 sobre 10.
Para obter a cualificación de non presentado (NP) bastará con non presentarse ao exame final ordinario.

Quen non aproben o curso mediante actividades de avaliación continua
deberán realizar o mesmo tipo de actividades de forma autónoma, aínda
que baixo a supervisión do persoal docente.

Tanto no exame final como na segunda oportunidade en xullo, manteranse
as cualificacións das actividades aprobadas anteriormente e só terán que
ser avaliadas as que non fosen aprobadas.

- A avaliación dos contidos teóricos (incluída a escala xeocronolóxica)
realizarase mediante un exame escrito, presencial ou por medios
telemáticos se fose necesario.

- A proba de contidos do traballo en grupo reducido consistirá na
resolución dunha pregunta similar ás formuladas durante o curso mediante
o uso de bases de datos bibliográficas (Web of Science).

- A avaliación do traballo de laboratorio consistirá na entrega dun
traballo sobre recoñecemento de rocas

- A avaliación da actividade sobre o terreo consistirá na entrega dun
traballo bibliográfico sobre os aspectos xeolóxicos da zona de estudo
elixida para este curso.

Os estudantes a tempo parcial ou con exención de asistencia deben compensar a non asistencia ás actividades a través do
mesmo sistema descrito.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes