Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeografía botánica: Xeobotánica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xeografía botánica: Xeobotánica Código 610G02026
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Cremades Ugarte, Javier
Correo electrónico
javier.cremades@udc.es
Profesorado
Cremades Ugarte, Javier
Fagúndez Díaz, Jaime
Correo electrónico
javier.cremades@udc.es
jaime.fagundez@udc.es
Web
Descrición xeral A Xeobotánica ou Fitoxeografía é unha ciencia eminentemente integradora que trata de coñecer e racionalizar as relacións da vida vexetal coa súa contorna. Divídese en fitoxeografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía. A fitoxeografía estuda todo o referente á localización da biodiversidade vexetal sobre a superficie terrestre. A fitocenoloxía céntrase en estudar as agrupaciones vexetais en sí mesmas e a fitoecoloxía ten posto seu punto de mira no estudo das relacións entre as plantas (autoecoloxía) ou comunidades vexetais (sinecoloxía) e os factores ambientais tanto bióticos como abióticos.
Plan de continxencia Plan de continxencia no que se contemplan dous posibles escenarios: un paso da docencia presencial á docencia híbrida (escenario 1) e un confinamento total que implicaría a imposibilidade de realizar actividades presenciais ou en campo Escenario 1. Cancelaranse as saídas de campo que impliquen un transporte dos alumnos no que sexa imposible garantir o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. A porcentaxe da avaliación destinada a esta actividade sumarase á valoración da proba obxectiva Na docencia expositiva adoptarase a modalidade híbrida segundo o establecido pola Facultade de Ciencias. Escenario 2 1. Modificacións nos contidos Non será necesario realizar modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, agás aquelas que riquiran que os alumnos realicen actividades ó aire libre (saídas de campo e estudo de casos), que serán canceladas (saídas) ou transformadas. *Metodoloxías docentes que se modifican Docencia expositiva: no caso de non poder impartir a docencia expositiva presencial, esta terá lugar por vía telemática mediante a plataforma Microsoft Teams. Estudo de casos: as partes que implican a realización de traballo de campo serán substituídas pola análise de datos de vexetación que serán proporcionados polos profesores. Prácticas de laboratorio: Fusionaranse co estudo de casos, adaptándose tamén á análise, virtual, de datos de vexetación e de coroloxía de especies vexetais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado *Moodle: Atención a demanda dos estudantes cando se susciten cuestións no foro. *Email: Atención a demanda dos estudantes e segundo as súas necesidades. *Teams: Ferramenta empregada a demanda dos estudantes cando se susciten cuestións no chat. 4. Modificacións na avaliación No caso de non poder realizarse presencialmente, a proba escrita terá lugar de xeito telemático mediante Moodle ou Microsoft Forms. A porcentaxe da avaliación atribuída ás saídas de campo (5%) transferirase á proba obxectiva final; e a atribuída ás prácticas de laboratorio (5%) transferirase ó estudo de casos. As porcentaxes quedarán como segue: Proba obxectiva: 55% da valoración final Estudo de casos: 45% da avaliación final *Observacións de avaliación: As realizadas na guía ordinaria continúan a ser válidas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes