Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Sostibilidade e Conservación da Fauna
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Sostibilidade e Conservación da Fauna Código 610G02034
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Llaneza Rodríguez, Luís Aladino
Muiño Boedo, Ramon Jose
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
luis.llaneza@udc.es
ramon.muino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de sostenibilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas coa toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.
Plan de continxencia (i) No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio. (ii) en caso de non-presencialidade sobrevinda, aplicaranse as seguintes modificacións: 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse  todas  as  metodoloxías  iniciais,  modificándose  nalgúns  casos,  a  forma  de  impartilas.  *Metodoloxías docentes que se modifican Clases maxistrais: manteranse as clases no seu horario habitual, pero impartidas e gravadas  mediante a ferramenta TEAMS.  Proba  obxectiva.    As  probas  previstas  ao  inicio  de  curso  manteranse,  cambiando  a*presencialidad por exame a través a plataforma Moodle e nalgún caso poderá facerse exame oral mediante  TEAMS.  Estudo de casos: un dos estudos de caso incluía unha visita a unha mina restaurada, que sería substituída pola lectura dun documento con información sobre o  proceso de restauración ecolóxica desenvolvido nesta mina. A avaliación desta actividade  manteranse vía Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico/  Teams 4. Modificacións na avaliación _Proba obxectiva  (50%) .Exame final on-line (ou exames parciais on-line no caso da elección de  avaliación continua),  _ Seminario (30%) Sen cambios.  Entrega de traballos on-*ine.  _Estudo de casos. (20%)  Sen  cambios  salvo  a visita á mina restaurada  cambiada  por  tarefa on-line.   Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes