Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
2
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% na nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
70
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 10
Portafolios do alumno A10 A26 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%.
18
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos
tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e presentado o
caderno de prácticas ("portafolios do alumno"), e/ou participaran nos
debates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado
á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente
calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"
e/ou participaran nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación
; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio"
e/ou non tiveran presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como
parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas
de laboratorio” e/ou tiveran presentado ou non o caderno de prácticas
("portafolios do alumno"), e participaran ou non nos debates
desenvoltos nos “seminarios”.

Serán cualificados con
SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva",
non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado
“Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra
actividades como son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran
nos "seminarios".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes