Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Análise de datos en Bioloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Análise de datos en Bioloxía Código 610G02044
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Estevez Perez, Maria Graciela
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
Profesorado
Estevez Perez, Maria Graciela
González Rueda, Ángel Manuel
Jacome Pumar, Maria Amalia
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
angel.manuel.rueda@udc.es
maria.amalia.jacome@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia proporciona un primeiro contacto con técnicas estatísticas avanzadas incluíndo: modelización estatística, ferramentas estatísticas para a análise de datos, procedementos de crítica e diagnose dos resultados e interpretación dos resultados en termos do problema proposto. Os obxectivos son: - Adquirir unha visión ampla e integrada dos métodos estatísticos resaltando de cada un deles os seus obxectivos e condicións de aplicabilidade. - Obter os coñecementos precisos para unha análise crítica e rigorosa dous resultados acadados. - Complementar a aprendizaxe da metodoloxía co apoio de software informático
Plan de continxencia (i) ADAPTACIÓN A REALIZAR NO CASO DE NON PRESENCIALIDADE SOBREVIDA CAUSADA POR GROMOS DA ENFERMIDADE 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Probas resposta breve: computan na avaliación (20%) e faranse online mediante a plataforma Campus Virtual UDC Traballo tutelado: Os traballos tutelados consistirán na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes, dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas. Computan na avaliación (40%). *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais: non computan na avaliación. Impartiríanse usando TEAMS na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As prácticas TIC: non computan na avaliación. Na modalidade presencial consistían en análises de datos usando software estatístico (R) nas aulas de informática. En caso de non poder impartir presencialmente ás prácticas, realizaranse guións detallados das mesmas para que o alumnado poida realizalas pola súa conta e utilizaranse as sesións programadas no cronograma do 4º curso do Grao en Bioloxía para comentalas, corrixilas e tratar de resolver as dúbidas do alumnado facendo uso da aplicación Teams. As probas obxectivas: computan na avaliación (40%). Pasarían de se realizar presencialmente a realizarse de forma online usando a plataforma Campus Virtual UDC 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización Correo Electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Vídeo conferencia (Teams): Realizaranse titorías individuais e grupais a demanda dos alumnos, e fixadas previamente mediante correo electrónico. Campus Virtual : Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias 4. Modificacións na avaliación Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Proba final: 40% (20% para cada bloque). Consistirá na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a aplicación e interpretación dos métodos estudados na materia. Para aqueles estudantes que teñan dificultades técnicas na realización da proba final mediante el Campus Virtual, existe a posibilidade de realizar a proba noutra hora ou día. Traballo en grupo: 40% (20% para cada bloque). Traballo en grupo que consiste na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes, dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas facendo uso do software R Cuestionarios test en el Campus Virtual: 20% Realización de cuestionarios de tipo test en el Campus Virtual de cada un dos temas da materia. *Observacións de avaliación: A cualificación obtida nos traballos gardarase ó longo do presente curso académico. No suposto de non ter presentado o(os) traballo(s) tutelado(s) na primeira oportunidade de xaneiro, será requirido na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica deberán tamén entregar este(s) traballo(s). Para aprobar a materia é necesario ter aprobada por separado cada un dos bloques dos que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5. Para superar cada bloque é preciso que a cualificación da proba final correspondente ao bloque non sexa inferior a 3 puntos (sobre 10) e que a cualificación do traballo tutelado (correspondente ao bloque) non sexa inferior a 3 puntos (sobre 10). En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO unicamente naqueles casos nos que o alumnado non entregue os traballos nin se presente ó exame oficial. Todas as observación previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica. Todas as observación previas son aplicables aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de tódolos materiais de traballo dixitalizados en Campus Virtual. (II) ADAPTACIÓN PREVISTA NO CENTRO PARA OS CASOS NOS QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA ASIGNADA PARA A MATERIA. A adaptación consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula coa persoa que imparte a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes