Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Estado Sólido
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 B8 B12 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. 70
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B5 B8 B9 B12 C2 C5 C8 Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico.
Ademais avaliarase a preparación previa a cada práctica, e a elaboración do correspondente caderno de laboratorio ou entrega alternativa que estableza o profesor.
Tendo en conta ca cualificación estará baseada nun modelo de avaliación continua, se en algún caso o profesorado o considera oportuno poderá realizar un exame de prácticas.


20
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 B8 C1 De cando en vez, poderase realizar ao alumno probas curtas, tipo test ou resposta breve. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión.
Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
Sesión maxistral A1 A3 B8 C8 Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 B1 B3 B5 B8 B9 B12 C1 C8 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
10
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B5 B8 C5 C8 Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- proba mixta: hasta un máximo de 7 puntos

- actividades realizadas nas clases de resolución de problemas,
titorías, eventos científicos, probas obxectivas,  etc.: hasta un máximo de 1 punto;

- prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos.

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5
puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba
mixta será imprescindible obter un mínimo de 3.15 (sobre un máximo de 7) e nas
prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No caso de
non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Cando se obteña unha suma
global superior a 5 puntos pero non se acade a nota mínima esixida nalgunha das
actividades, a calificación final será "suspenso: 4.5 puntos".

Dado que a cualificación se basea nun modelo de "avaliación
continua", valorarase especificamente a progresión do alumnado ao largo de
todo o semestre cun máximo de 1 punto.

Dacordo con esta metodoloxía de "avaliación continua",
non poderá figurar como "non presentado" o alumnado que teña
participado activamente nun conxunto de actividades que supoñan máis do 25% da
cualificación global.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co
contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e
Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha
segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora o
caso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos
ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as
conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de
problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán
os mesmos que na “primeira oportunidade”.

As matriculas de honra outorgaranse prioritariamente ao alumando
que teña superada a materia na primeira oportunidade. E só se outorgarán na
chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa
totalidade na primeira.

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables
eaxeitadamente xustificadas (como no caso de estudiantes con dispensa académica
de exención de asistencia) o profesorado podería eximir total ou parcialmente
ao alumnado de concorrer no proceso de"avaliación continua". En
calquera caso, dito alumnado tería que someterse a un exame particular (ademáis
da proba mixta obrigatoria) que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de
coñecementos, competencias, habilidades e destrezas, e que puntuará o 10% da
calificación global.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída á avaliación, refírese a
un curso académico (isto implica que cada curso comeza un novo proceso,
incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación).

Finalmente, recordase que a realización fraudulenta dalgunha
actividades ou  proba esixida para a avaliación da materia será sancionada
cun suspenso conforme se recolle no Estatuto do Estudantado da UDC (artigo 35,
punto 3, https://www.udc.es/es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado/index.html)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes