Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
 Subjects
  Dereito do consumo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2015/16
Subject (*) Dereito do consumo Code 612847207
Study programme
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 5
Language
Spanish
Galician
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Dereito Privado
Coordinador
Lopez Suarez, Marcos A.
E-mail
marcos.lopezs@udc.es
Lecturers
Alvarez Lata, Natalia
Lopez Suarez, Marcos A.
Rovira Sueiro, Maria Esther
Sande García, Pablo
E-mail
natalia.alvarez.lata@udc.es
marcos.lopezs@udc.es
maria.rovira@udc.es
p.sande.garcia@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/guiadocente/guia_docent/index.php?
General description A partir da entrada en vigor da reforma do Tratado da UE asinada en Masstricht o 7 de febreiro de 1992, incorporouse ao Dereito orixinario da Unión -en concreto, nos seus arts. 3 e 129.A- unha base xurídica adecuada para fundar a política lexislativa comunitaria orientada á protección dos consumidores, sen prexuízo de que, con anterioridade, o Dereito derivado da UE xa se mostrou fecundo neste ámbito. O adecuado funcionamento do Mercado interior único esixe que as regras xurídicas que regulan as relacións entre empresarios / profesionais e consumidores / usuarios determinen a existencia de marcos xurídicos homoxéneos, con independencia de cal sexa a lei nacional aplicable ao suposto litigioso de que se trate. En efecto, tanto o fomento da confianza dos consumidores -indispensable a efectos de dinamizar a economía-, como a eliminación de distorsiones da competencia, esixen a armonización das normas de Dereito de consumo e, en particular, do Dereito contractual de consumo, no ámbito dos países integrantes da UE. A creación do Mercado único europeo permitiu que os empresarios e profesionais poñan os seus produtos ou os seus servizos a disposición de consumidores doutros mercados diferentes do seu país de orixe. O desenvolvemento dos medios de comunicación e a utilización crecente de medios electrónicos de comunicación -en particular da rede Internet- que facilitan a comparación e o acceso aos produtos e servizos, así como a introdución dunha moeda única coa que facer efectiva os pagos dentro da maior parte dos países da UE, constitúen dúas vectores claves na expansión da publicidade de produtos e da prestación de servizos que ofrecen empresarios e profesionais dun Estado membro a consumidores e usuarios dun Estado distinto. Desta maneira, a celebración de contratos de consumo cun elemento subxectivo -v.gr., a nacionalidade dalgunha das partes- ou obxectivo -v.gr., o lugar de execución- de estranxeiría que determine a súa cualificación como internacionais ou transfronteirizos deixou, hai tempo, de ser unha realidade reservada a un número reducido de consumidores que adoitan desprazarse a distintos Estados, para converterse nunha realidade cotiá para o cidadán / consumidor medio. De conformidade cos datos xurídicos e de feito que acaban de ser expostos, as liñas programáticas do Dereito de consumo no seo da UE enunciadas tanto no «Libro Verde sobre a protección dos consumidores na UE», de 2 de outubro de 2001, como na Comunicación da Comisión denominada «Estratexia en materia de política dos consumidores 2002-2006», de 7 de maio de 2002, contémplase como obxectivo intensificar a armonización das normas de Dereito de consumo no seo dos países da UE.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes