Guia docenteCurso
Facultad de Derecho
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito do Traballo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito do Traballo Código 612G01023
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
jesus.martinez.giron@udc.es
Profesorado
Arufe Varela, Alberto
Martinez Giron, Jesus
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
i.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Pretendemos coa nosa materia: - Incrementar a autoestima do estudante, facéndolle comprender todas as súas potencialidades. - Facilitar ao estudante o coñecemento e manexo das fontes xurídicas laborais, tanto normativas como xurisprudenciais. - Facilitar ao estudante o uso de terminoloxia xurídica laboral específica (por exemplo, contrato de traballo, sindicato, convenio colectivo ou proceso laboral). - Aproximar ao estudante á solución de verdadeiros problemas xurídicos laborais. - Implicar aos estudantes nas actividades científicas do Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social, coa finalidade de axudalos a mellorar os seus curricula vitarum, por medio de contribucións ao seu “Anuario”, e da presentacion de comunicacións ao Congreso Internacional que se organizará durante o curso académico. - Aproximar ao estudante ás técnicas do Dereito comparado do Traballo, para que caia na conta de que resultan aproveitables as solucións ensaiadas noutros países, a efectos de resolver os problemas xurídico laborais que temos en España. - Incrementar a potencial empregabilidade dos estudantes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Reforzarase a utilización de moodle e de teams, especialmente para a realización síncrona da docencia expositiva, nos horarios asignados. *Metodoloxías docentes que se modifican Reforzamiento da "solución de problemas", en relación coa docencia interactiva. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Planificación do traballo semanal, con notificación a través de moodle. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: A asistencia pondérase en función do tempo de presencialidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes