Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito e biomedicina
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito e biomedicina Código 612G01040
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Pereira Saez, Maria Carolina
Correo electrónico
c.pereira.saez@udc.es
Profesorado
Pereira Saez, Maria Carolina
Seoane Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
c.pereira.saez@udc.es
jose.antonio.seoane@udc.es
Web http://http://filosofiaderechocoruna.es/
Descrición xeral Dereito e biomedicina examina as respostas xurídicas ás cuestións relativas á vida e a saúde, dous valores individuais e sociais moi aprezados Mediante o estudo das fontes normativas e bibliográficas, a análise de casos, sesións maxistrais e seminarios, os estudantes coñecerán polo miúdo como protexe o Dereito a vida e a saúde e como responde ás novidades biomédicas e biotecnolóxicas, prestando especial atención á perspectiva dos dereitos humanos e ás resolucións dos Tribunais Constitucionais e mais ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Sen modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as metodoloxías docentes previstas, que serán desenvolvidas a través de Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Teams: tutorías a solicitud dos estudantes no horario previsto. Moodle: Empléase para pór a disposición dos estudantes materiais para axudar a preparar os temas expostos nas sesións maxistrais coa frecuencia necesaria a tal efecto. Emprégase tamén para a comunicación xeral cos estudantes a través do foro de novas. 4. Modificacións na avaliación: Non se prevén cambios, agás no método de realización da proba (de presencial a a distancia). *Observacións de avaliación: A proba de resposta múltiple (examen tipo test) está prevista inicialmente como presencial. De non poder ser realizada presencialmente, será realizada a distancia, a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes