Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  

A UNIVERSIDADE DA CORUÑA foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992.

A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente en: Campus da Coruña e Campus de Ferrol.

A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento de investigación e de docencia.

A Universidade da Coruña concibe a súa finalidade esencial como un servizo público de calidade orientado á procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade por medio da busca de avances sociais, científicos e tecnolóxicos nun marco de valores éticos xeralmente aceptados.

Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

A Universidade da Coruña manifesta explicitamente o seu compromiso co estudo e desenvolvemento integral de Galicia, singularmente da súa identidade social, cultural e ling¨ística, e asemade promoverá a súa plena integración no espazo europeo de ensino superior e a proxección en América Latina.

Por tanto, consonte o artigo 1 dos Estatutos da UDC, son funcións da universidade ao servizo da sociedade:

  1. A creación, o desenvolvemento, a transmisión e a crítica da ciencia, da técnica e da cultura.
  2. A preparación para o exercicio de actividades profesionais que esixan a aplicación de coñecementos e métodos científicos e para a creación artística.
  3. A difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade da vida e do desenvolvemento económico.
  4. A difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida.

Para proporcionar á Universidade un permanente apoio social creouse a Fundación Universidade da Coruña, fundación privada de carácter benéfico docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes