Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Lecturas A10 C7 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 25
Seminario B10 C9 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será feita de forma continua. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Neste sentido, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin , ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no documento coa planificación da mateira que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica realizará e entregará nunha data concertada previamente co docente aquelas leituras e traballos tutorizados indicados polo profesor. O estudantado nestas circunstancias deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Para aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas será de aplicación o dito neste ponto, debendo tamén contactar co profesor da materia o antes posíbel.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia e, para a superar, terá de realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel a través do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo . Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s estudantes deberán realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes