Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Literatura e o seu Contorno Sociocultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) A Literatura e o seu Contorno Sociocultural Código 613584112
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Profesorado
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Web http://cileccongresos.com
Descrición xeral Estudo da literatura en relación co contexto histórico no que se produce, impulsando unha reflexión en torno a historia e a ficción literaria e a sua interconexión en diferentes momentos da historia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen –Sesión maxistral (telemática síncrona ou asíncrona) –Traballos tutelados –Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican: Sustitúense as discusións dirixidas por atendimento de carácter grupal a través de Teams (por vía síncrona ou asíncrona) para a resolución de dúbidas respecto das lecturas obrigatorias. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado –Correo electrónico –Moodle –Teams (con sesións síncronas ou asíncronas en virtude das necesidades e posibilidades do alumnado e profesorado). 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%) En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. – A orixinalidade e profundidade do contido. – O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. – O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. – A utilización de fontes documentais (bibliografía básica) e complementarias/actuais. – A presentación e a claridade da exposición *Observacións de avaliación: - Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. - O alumnado que tivese dificultades para o seguimento da materia durante a aplicación deste plano de continxencia por motivos de saúde, de conciliación (coidado de menores ou maiores dependentes) ou de carencia de recursos técnicos, de espazo ou materiais, deberá porse en contacto co profesorado para arbitrar as condicións de flexibilización necesarias a fin de minimizar o impacto destas circunstancias no seu desempeño académico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán ao dispor en acceso dixital a través de Moodle o correo electrónico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes