Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/as estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/as ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
0
Obradoiro B5 B8 C4 (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).

0
Traballos tutelados A9 B6 B9 C2 C3 C6 Teredes que facer dúas tarefas distintas que se avaliarán por separado:

(1) un CV profesional para o/a lector/a (20%) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA para a coordinadora (20%).

En clase, en Moodle e nas titorías dos nosos despachos, darémosvos as pautas necesarias para os traballos. O CV deberá seguir os parámetros elixidos polo/a lector/a. O traballo coa lista MLA, deberá incluír o TEMA elixido polo/a estudante ademais de: un libro dun/a ou máis autores/as, un capítulo nunha colección de ensaios de autores/as diferentes, un artigo de JSTOR e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO

Os/as docentes insistimos na ABSOLUTA NECESIDADE de que o alumnado aproveite as horas de clases e as titorías para aprender e consultar as súas dúbidas sobre estes traballos.
40
Presentación oral B10 C1 A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.

Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.

10
Proba mixta A1 A2 B3 C5 As partes do exame organizaranse como segue:

-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.

-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.

-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle.
50
Seminario A8 A12 B4 B7 (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).

0
 
Observacións avaliación

- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10)
nos TRABALLOS TUTELADOS e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

- Os traballos deben entregarse en tempo e
forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha
causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio
serán cualificados cun 0.

- O traballo voluntario
dos/as alumnos/as cualificarase engadindo unha porcentaxe EXTRA sobre a nota
final como segue: I) PARTICIPACIÓN ORAL EXTRAORDINARIA: clase da coordinadora
(+0.2); clase do/da lector/a (+0.2). II) PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL: farase
en clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os detalles serán explicados en clase
(+0.3). III) ENSAIO DE INVESTIGACIÓN INDIVIDUAL sobre unha (ou dous) das
LECTURAS LONGAS (+0.3); o alumnado interesado nesta tarefa terá que dicirmo con
antelación; fixarei TRES ENTREVISTAS convosco no meu despacho ao longo do
cuadrimestre para discutir sobre o desenvolvemento do voso traballo. Os ensaios
que non fosen supervisados por min desta forma non serán aceptados. 

- En caso de folga de profesores/ás en días de
clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material
didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes
poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o
traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade,
os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás.

- Para a oportunidade de
XULLO, haberá 2 traballos tutelados e 3 probas de exame ao igual que en xuño.
Ao non haber clases, a presentación oral / ou vídeo-proxecto poderá ser
individual.

- Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen
oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como
establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo
os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.                                                        

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes