Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Teatro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A10 A11 A14 A15 A16 A17 B3 B9 B10 C3 C4 C7 Traballo individual a través do cal o alumnado demostra que asimila e sabe explicar un tema elixido. O traballo terá unha extensión mínima de 15 páxinas a 2 espazos interliñal e fonte Times New Roman 12. 70
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A14 A15 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C7 C8 Actividade de reflexión, debate sobre as propostas dos tema e dos documentos de base do traballo individual a desenvolver. 30
 
Observacións avaliación
Obterán a cualificación de NP (no presentado) as persoas que non realicen o Traballo individual titorizado.

O alumnado que suspenda o traballo tutorizado na primeira oportunidade (xuño), deberá volvelo presentar, corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas por la profesora.  A data de entrega do traballo será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo.

O alumnado con dispensa académica adaptarase á presente avaliación por ter a oportunidade de adaptarse ás metodoloxías empregadas.
O alumnado repetidor que non puido asistir ás aulas acollerase ao sistema anterior.


Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes