Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Español
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Variedades do Español Código 613G01032
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Estudiaranse as variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas do español actual. O eixe da materia serán as variedades xeográficas, que se abordarán tamén nos seus aspectos diafásicos e diastráticos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais. - Traballos tutelados - Obradoiro - Sesión maxistral. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado. -Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades de obradoiro ou sobre o contido das sesións expositivas. -Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e de titorías en grupos reducidos realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade. Para a titorización do traballo tutelado utilizaranse os anteriores medios (correo electrónico e Teams para consultas individuais ou de grupo reducido. Os foros de Moodle para consultas de tipo xeral). 4. Modificacións na avaliación Non se realizan modificacións. *Observacións de avaliación: Tanto o traballo tutelado coma as actividades do obradoiro deberán ser realizados telematicamente. O material coa gravación e transcrición dos textos será depositado en Moodle. O traballo tutelado será titorizado por vía telemática (correo electrónico, Moodle, Teams). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes