Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A efectos prácticos, a actividade na aula computarase globalmente co apartado anterior. 0
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesor, que deberá entregarse en papel ademais de en formato electrónico, na data límite da derradeira sesión de aulas. 40
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será controlada e avaliable de maneira continuada. 10
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos seminarios e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias. 50
 
Observacións avaliación

     A anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

     1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de asistencia e traballos.

     2. O 40% obterase pola realización dun traballo escrito, tutelado polo profesor.

     3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención
á aprendizaxe colaborativa.

     4. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

     5. Toda avaliación positiva será gardada
para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar
suspensos ou non realizados, os novos traballos entregaranse antes desta última proba escrita. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 3, que se manterá na segunda oportunidade.

     6. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser oral.

     7. O alumnado con dispensa académica recoñecida
deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es,
co asunto: "Dispensa de asistencia 2019-2020", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A
dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia e participación. Esa
porcentaxe trasládase ao traballo, que pasará a contar o 45%, e a unha actividade complementaria acordada co profesor, que correspondería ao 5% restante.

     8. O procedemento anterior podería autorizarse para alumnado con dificultades especiais de asistencia, como é o caso de quen repiten curso, sempre que se dea aceptación expresa, comunicada a través dun correo
electrónico co mesmo asunto anterior, "Dispensa de asistencia 2019-2020", a luis.caparros@udc.es, antes do mes de outubro.

     9. O prazo límite para a entrega dos traballos escritos de curso, en papel e en formato electrónico, será o da derradeira sesión de aulas.

     10. As probas escritas e as actividades
deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas,
rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será indispensable un
dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

     11. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

     12. Forma parte das obrigas do alumnado
estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Moodle.

     13. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional: https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes