Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Latina
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos.
Proba obxectiva Proba escrita individual en forma de test, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico.
Traballos tutelados O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido publicamente na aula. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder efectuar a proba obxectiva e superar a materia.
Lecturas O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Sesión maxistral Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes