Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Latina
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das actividades na aula.
Proba obxectiva Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos.
Traballos tutelados O estudante elaborará polo menos un traballo individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido públicamente na aula durante a penúltima semana de clase. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia.
Lecturas O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Sesión maxistral Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes