Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Latina
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A16 B1 B7 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 20
Proba obxectiva A1 A13 Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 40
Traballos tutelados A11 A13 B3 B5 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia 40
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen.


O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista.


O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 20% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes