Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado, e a súa presentación oral na aula. 25
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar unha presentación oral de acordo coas instrucións do profesorado. Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante no conxunto destas sesións. 10
Análise de fontes documentais A1 A9 A11 A15 Lectura e, no seu caso, análise e comentario na aula dos textos indicados polo profesorado e colocados na plataforma moodle.
Haberá que entregar unha actividade escrita relacionada con estas lecturas.
15
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro, en data que se acordará nas aulas; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
40
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior. Caso da suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final 4,9.

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior.

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Proba mixta (50%).
2. Análise de fontes (15 %). 
3. Traballo titorizado (25 %), que incluirá a presentación oral. 
4. Presentación oral (10 %). 
Para fixar as condicións e, no seu caso, as datas de entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de setembro.

4. ALUMNADO REPETIDOR

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de setembro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.

5. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS

O alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, poderá ter as condicións de avaliación recollidas no punto 3. 

6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes