Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa Código 613G02027
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web http://https://www.udc.gal/gl/filo/grao_galego/index.html
Descrición xeral Estudo dos aspectos xeográficos, históricos, culturais, lingüísticos e identitarios das comunidades de lingua portuguesa
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos fixados mantéñense sen alteracións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías inicialmente previstas. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais serán substituídas por sesións de atendimento grupal acordadas previamente com o alumnado. En función das condicións (quer técnicas quer persoais) do alumnado as exposicións orais poderán ser realizadas de maneira (a)síncrona através de Teams ou anuladas e o seu peso na avaliación distribuído equitativamente entre o traballo tutorizado e as lecturas (0,5 valores para cada unha destas dúas metodoloxías) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Toda a información e a documentación relativa á materia estará accesíbel no Moodle. Teams, en horario e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado. Correo electrónico a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación Caso non houber condicións (técnicas ou persoais) as exposicións orais poderán ser eliminadas e o seu peso na avaliación distribuído equitativamente entre o traballo tutorizado e as lecturas (0,5 valores para cada unha destas metodoloxías). *Observacións de avaliación: As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos de conexión (internet), de medios (PC, tablet, móbil etc.), quer por necesidades ou limitacións de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas todas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias a cada caso particular. As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Son disponibilizados no Moodle todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes