Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
Lecturas O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias antes da sesión correspondente. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Presentación oral Presentación oral individual dunha ou varias obras incluídas nos contidos da materia, seleccionadas entre a profesora e cada estudante no inicio do curso.
Nalgún caso, e previa á exposición na aula, o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Sesión maxistral Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes