Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teatro en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02047
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Tato Fontaiña, Laura
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán mudanzas. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Evento científico/divulgativo asíncrono Lecturas Discusión dirixida *Metodoloxías docentes que se modifican: Presentacións orais: as exposicións de textos dramáticos realizarase no Moodle. A discusión conxunta farase através de comentarios en cada unha das entradas. Sesión maxistral: as contextualizacións dos contidos por parte do docente faranse en sesións de Teams. Empregarase igualmente o Teams para unha sesión de atendemento grupal semanal. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Email: permanentemente Aplicación de mensaxaría do Moodle: permanentemente Sesión de atendemento conxunto: todas as cuartas feiras, entre as 11 e as 12 horas, nunha sesión síncrona que ficará gravada para consultas posteriores. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións nin nas metodoloxías avaliábeis nin na porcentaxe na cualificación final. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Toda a bibliografía básica de crítica literaria está accesíbel no espazo do Moodle destinado á materia, ben como as obras dramáticas estudadas en cada epígrafe dos contidos. As presentacións de textos dramáticos por parte do alumnado limitaranse a aquelas que son accesíbeis en formato dixital. Neste sentido, o docente facilitará enderezos de repositorios web en que poden ser localizadas estas obras (Instituto Camões, Revista Galega de Teatro etc.)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes