Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética da Lingua Inglesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O estudo de casos realizarase principalmente nas sesións semanais de grupos intermedios, podendo integrarse tamén nas clases expositivas. As actividades que se realizarán centraranse en poñer en práctica os contidos teóricos da materia, conferindo especial atención ás actividades de transcrición fonética en inglés.
Sesión maxistral Sesións principais semanais con todo o grupo. Nestas sesións os conceptos básicos serán expostos dun modo teórico, con apoio de exemplos prácticos, para pasar progresivamente ao compoñente de traballo práctico no modo "aprender facendo", reducindo gradualmente o compoñente teórico explicativo e incorporando módulos de autoaprendizaxe.
Solución de problemas Os exercicios xurdirán en torno á resolución de problemas durante as clases teóricas ou seminarios (grupos intermedios).
Análise de fontes documentais Análise de fontes primarias e secundarias.
Prácticas de laboratorio Sesións en grupos reducidos que favorecerán o ensino-aprendizaxe interactivo. As actividades, que poderán realizarse no Laboratorio de Idiomas ou ben a través das TIC, centraranse en mellorar a capacidade do alumnado para identificar e producir os diferentes sons da lingua inglesa.
Proba obxectiva A proba obxectiva combinará cuestións teóricas sobre a fonética e fonoloxía inglesas, a transcrición fonética dun texto escrito e unha transcrición dun audio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes