Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Procesamento de Linguaxes
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Procesamento de Linguaxes Código 614G01067
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Correo electrónico
carlos.dafonte@udc.es
Profesorado
Arcay Varela, Bernardino
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
bernardino.arcay@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web http://http://estudos.udc.es/es/study/detail/614G01V01#plan-structure
Descrición xeral Compiladores; traductores e intérpretes; etapas dun compilador; optimización de código; macroprocesadores. O obxectivo é familiarizar ó alumno co funcionamento dos reconocedores da linguaxe e os compiladores como un caso particular, o entorno no que traballan así coma algunhas ferramentas software para a construcción dos mesmos. É preciso asumir a característica interdisciplinar da asignatura. Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e implementar as diferentes etapas necesarias para o desenvolvemento dun reconocedor da linguaxe: análise (léxico, sintáctico e semántico) e síntese (xeración de código intermedio, optimización de código e xeración de código obxeto).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, Email). Así temos: - Sesión maxistral: Nestas sesións analizarase en profundidade os conceptos teóricos e técnicas principais para a implementación dun recoñecedor da linguaxe. Empregarase o canal de Teams para a exposición, o Moodle da materia para a publicación da documentación e foros específicos en Moodle para a proposta de exercicios. - Traballos tutelados: Levarase a cabo un proxecto a proposta de un grupo de 2 estudantes como máximo do que se fará un seguimento no horario de traballo en grupo. A documentación necesaria e instrucións de entrega publicarase no Moodle da materia e empregarase o canal de Teams para o seguimento e consulta síncrona nos horarios correspondentes. Tamén se atenderán as consultas por Email ou a través dos foros de traballos tutelados creados no Moodle. - Prácticas de laboratorio: Levaranse a cabo pequenas prácticas sobre os diferentes temas da materia que se irán explicando nas sesións maxistrais. Algunhas delas serán exercicios de desenvolvemento e outras de implementación. A documentación necesaria e instrucións de entrega publicarase no Moodle da materia e empregarase o canal de Teams para o seguimento e consulta síncrona nos horarios correspondentes. Tamén se atenderán as consultas por Email ou a través dos foros de prácticas creados no Moodle. As metodoloxías indicadas para a entrega e avaliación dos traballos tutelados e as prácticas de laboratorio aplicaranse de modo similar tanto ao final do cuadrimestre como para a 2ª oportunidade. *Metodoloxías docentes que se modifican A principal modificación realizada na metodoloxía docente correspóndese co exame de coñecementos da materia. Así temos: - Proba obxectiva: Realizarase un exame ao final do cuadrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos e exercicios asociados. Tamén poderase formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas. No caso dunha situación excepcional optarase por modificar esta proba presencial para convertela nun exame escrito en liña. Para isto empregarase un sistema de supervisión e control por medio do canal de Teams da materia (cámara, micrófono, chat) e a entrega por medio dunha tarefa no Moodle co exame escaneado polo estudante. O alumno será o encargado de custodiar o exame manuscrito, e poderá ser solicitado polo docente en caso necesario. Coa antelación necesaria, informarase adecuadamente ao alumnado sobre o novo proceso de avaliación a través do Moodle e Teams para garantir a súa participación e minimizar calquera problema que poda xurdir. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle. Temporalidade: Semanal. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado nos foros en canto é posible. - Teams. Temporalidade: Semanal. Emprégase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no canal de Teams da materia en canto é posible. - Email. Temporalidade: Puntual. Emprégase para contactar ou responder ás dúbidas do alumnado. A resposta realízase en canto é posible. 4. Modificacións na avaliación *Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición - Prácticas de laboratorio: 30%-Levaranse a cabo pequenas prácticas sobre os diferentes temas da materia que se irán explicando nas sesións maxistrais. Algunhas delas serán exercicios de desenvolvemento e outras de implementación. A porcentaxe por entrega destas pequenas prácticas é testemuñal (10%). O 20% restante corresponde ó desenvolvemento do proxecto. - Proba obxectiva: 40%-Realizarase un exame ó final do cuadrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos e exercicios asociados. Tamén poderase formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas. - Traballos tutelados: 30%-Levarase a cabo un proxecto a proposta de un grupo de 2 estudantes como máximo do que se fará un seguimento no horario de traballo en grupo. *Observacións de avaliación: Indicar que aínda que foron cambiadas as porcentaxes de avaliación establecidas inicialmente na guía docente do 50% (prácticas)/50% (teoría) ao 60% (prácticas)/40% (teoría), as novas porcentaxes serán de aplicación só no caso de que na nota final isto beneficie ó alumno. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes