Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Análise Estatística de Datos con Dependencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A19 B2 B3 B8 B9 C4 Consistirá nunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos, que será realizada na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 60
Prácticas a través de TIC A20 B2 B4 B7 B9 B10 C1 C4 Parte do grao de aprendizaxe alcanzada nas prácticas a través de TIC avaliarase de maneira continua. Para iso, realizaranse unha ou dúas probas ao longo do curso (no horario establecido para ditas prácticas) e/ou un ou dous traballos (individuais ou en grupo). A súa resolución requirirá do uso do software R e tamén do coñecemento da metodoloxía estatística explicada nas sesións maxistrais. 40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: Si se denotan a través de P e F as notas (sobre 10) obtidas nas "Prácticas a través de TIC" e na "Proba mixta", respectivamente, a nota final será: 

    (a) 0.4*P+0.6*F, sempre e cando tanto P como F sexan maiores ou iguais que 3.

    (b) 4.5*(0.4*P+0.6*F)/7.2, sempre e cuando P e/ou F sexan menores que 3.

Como consecuencia do anterior, tense que para superar a materia será necesario obter un mínimo de 3 puntos tanto nas "Prácticas a través de TIC" como na "Proba mixta".

Avisarase da data en que se realizará cada proba práctica cunha antelación mínima de 7 días. Os traballos prácticos terán un prazo de entrega de polo menos 7 días. 


 Segunda oportunidade: A puntuación obtida nas "Prácticas a través de TIC" na primera oportunidade manterase para esta segunda oportunidade si é superior ou igual a 5. Si é menor que 5, o alumno terá a opción de volver a facer a(s) proba(s)/traballo(s) correspondente(s) a a(s) parte(s) de prácticas non superada(s); si non fai uso de dita opción, manteráselle a nota da primeira oportunidade. Todos os alumnos deben realizar a "Proba mixta". A nota final obterase da mesma forma que na primera oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes