Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 A5 A6 B1 B2 B4 B6 C1 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 70
Discusión dirixida A12 B2 C1 C6 Valorarase a participación e propostas achegadas, tanto polos alumnos presenciais coma polos alumnos on line (a través de foros virtuais). 30
 
Observacións avaliación

Durante o desenvolvemento desta
materia (dende o día luns 1 de marzo ao día xoves 16 de marzo do 2017, ata
as 23:55 horas) daranse as indicacións oportunas por correo electrónico ou a
través da plataforma Moodle, respecto á avaliación.

É importante ter en conta que a
modalidade online ten o mesmo ritmo de traballo/período de clases que os da
modalidade presencial.

 

- Para superar a materia na 1ª
oportunidade, hai 2 opcións:

a) Realización individual
dun EXERCICIO FINAL (máximo 3 folios) que será colgado
na plataforma a partir do día 2 de marzo de 2017 ás 16:00 horas, e que deberá
entregarse antes das 23:55 hs. do día 13 de marzo.

Avaliación: Se se escolle esta
modalidade, a máxima nota a obter sería SEIS puntos, analizada do
seguinte modo:

- Sesión maxistral: ata 1 punto
máximo (para os alumnos on line: por lectura do material, participación nos
foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para
os alumnos presenciais: pola súa involucración nas sesións)

- Exercicio final: ata 5 puntos
máximo pola elaboración deste exercicio, que deberá ser realizado
presencialmente, ou a través da plataforma moodle.

 

b) Realización dunha PROBA
FINAL
 con contido TEÓRICO-PRÁCTICO que
consistirá fundamentalmente na realización dun traballo proposto polo profesor
de forma individual sobre algún dos contidos da materia (Máximo 3 ou 4 folios).

Avaliación: Se se escolle esta
modalidade, a máxima nota a obter sería DEZ puntos, analizada do
seguinte modo:

- Sesión maxistral: 30% (para os
alumnos on line: por lectura do material, participación nos foros/debates
on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para os alumnos
presenciais: pola súa involucración nas sesións).

- Proba final: 70% (con contido
teórico-práctico). A devandita proba, deberá ser realizada presencialmente, ou
a través da plataforma moodle entre as 16:00 hs. do día xoves 16 de marzo de
2017 e as 14:00 hs. do día domingo 19 de marzo de 2017. Para iso, o alumno
dispoñerá dun tempo máximo de 3 horas, a contar dende o momento en que proceda
á apertura do enunciado da Proba.

 

O alumno só poderá realizar
unha das dúas alternativas anteriores
.

Durante a última semana do mes de
marzo de 2017 facilitaranse as cualificacións finais provisionais e unha
posible data de revisión/discusión destas na seguinte semana.

 

Para superar a proba na 2ª oportunidade, deberase
presentar un traballo sobre un tema proposto polo profesor. Oportunamente, e
coa debida antelación, facilitaranse as datas e toda a información necesaria
para a realización e entrega deste. As cualificacións finais provisionais e
unha posible data de revisión/discusión destas facilitarase, como máximo, unha
semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes