Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos para grupos especiais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O docente propón varias lecturas para que o alumnado lea e analice. Así, fomentase o coñecemento sobre a materia e a formación do espíritu crítico.
Sesión maxistral Exposición oral, presencial e/ou apoiada con tecnoloxías da información e as comunicacións coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe do alumnado. Para o alumnado online trátase de diverso material teórico/práctico sobre os contidos da materia a disposición dos estudantes para a súa lectura; así como a discusión de temas de interese actual relacionados co temario mediante foros/debates on-line e/ou a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/prácticos, ...
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover o aprendizaxe autónomo dos estudantes, baixo a tutela do docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Por tanto, este sistema de ensinanza se basa en dous elementos básicos: o aprendizaxe independiente dos estudantes e o seguimento dese aprendizaxe polo docente.
O traballo realizarase en grupo. Con esta metodoloxía preténdese fomentar o traballo en equipo para a resolución de problemas. Así, levaranse a cabo exercicios guiados de maneira presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicacións. Para o desenvolvemento dos exercicios faranse pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente para resolver o problema planteado o que optimiza o seu propio aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes